sábado, 20 de decembro de 2014
XA REMATAMOS O TRIMESTRE
O trimestre pasou voando. Para non esquecernos destes días, velaquí algunhas das fotos dos nosos debuxos e algunha manualidade:
mércores, 17 de decembro de 2014
RODA DOS ALIMENTOS
Rematamos o trimestre repasando coa roda dos alimentos.
Agora xa sabemos que para ter unha vida saudable é necesario comer de todo e facer exercicio físico.
O EXPERIMENTO DE PABLO E DIEGO
Despois de practicalo con éxito, Pablo e Diego fixeron un experimento que xa intentaramos facelo antes...
- O volcán:
Colocamos un papel marrón engurrado enriba dun vaso. Cando enchemos o vaso de cocacola e botamos sal, podemos observar como sae a espuma facendo a forma da lava dun volcán.
martes, 16 de decembro de 2014
sábado, 6 de decembro de 2014
A CONSTITUCIÓN
Hoxe, 6 de decembro, celébrase en España "El Día de la Consticuión", que tanto se escoita comentar nestes últimos tempos pola necesidade dunhas normas que garanten os nosos dereitos e lembren os nosos deberes.
xoves, 4 de decembro de 2014
O EXPERIMENTO DE DAVID E IVÁN
Despois de practicalo, David e Iván fixeron un experiemento que todos coñecíamos, pero...por que?
- A auga que sae polo burato:
Enchemos unha botella de auga. Logo, temos que facerlle un burato pequeno nun lado. Cando o tampón está posto a auga non sae, porque a presión atmosférica é maior que a forza que fai a auga por saír. Entón, é imposible que a auga poida saír. Se quito o tapón, si que sae a auga, porque está entrando aire pola boquilla (onde estaba o tapón).
martes, 2 de decembro de 2014
IMOS SER METEORÓLOGOS
Estes días imos traballar o tempo nas distintas partes de España. Logo, faremos de metereólogos:
O TEMPO ATMOSFÉRICO
Na atmosfera prodúcense todos os fenómenos que determinan o TEMPO ATMOSFÉRICO.
Ao estar en Galicia, é normal que nos fagamos algunhas preguntas:
- Como se forman as pingas de chuvia?
- Podemos pasar entre as nubes?
- Que hai despois das nubes? Que tempo fai? Que podemos ver?
- Que hai despois das nubes? Que tempo fai? Que podemos ver?
OS CONTINENTES
Estivemos traballando os continentes e, como tarefa voluntaria, fixemos unhas maquetas e uns murais sobre algúns deles.
sábado, 29 de novembro de 2014
sábado, 22 de novembro de 2014
BUSCANDO NO BAÚL DOS RECORDOS
Buscando libros na biblioteca para levar para casa, atopamos esta foto do ano pasado... Que recordos! E como cambiamos!
O MAGOSTO
Este ano traballamos a creatividade na clase:
E que sorpresa que recibimos un diploma á clase máis participativa no Samaín polo noso baile:
CHEMA, O CONTACONTOS
sábado, 15 de novembro de 2014
CAMINANDO ENTRE DINOSAURIOS
Esta semana vimos na clase a película "Caminando entre dinosaurios".
Ademais de repasar animais herbívoros, carnívoros e omnívoros, diferentes tipos de árbores... A conclusión que sacamos é que temos que axudarnos uns aos outros.
OS EXPERIMENTOS DE IVÁN
Despois de practicalo na casa, Iván propuxo facer e explicar dous experimentos:
- A auga que non cae:
Enchemos un vaso de auga e poñemos unha carta por enriba. Logo, temos que darlle a volta e observaremos que a auga non cae. Isto é porque sobre a carta actúan dúas forzas (o peso da auga e a presión atmosférica do aire), por iso a auga non cae do vaso.
- A candea que se apaga:
Enchemos un prato con auga cunha candea acendida no centro. Cando poñemos o vaso por enriba da candea, o vaso vai quedando sen osíxeno e vaise apagando a candea. Mentres o nivel de auga comeza a subir.
OS NOSOS DEBUXOS
Fai unhas semanas participamos nun concurso con estes debuxos e quedamos no 5º posto.
venres, 14 de novembro de 2014
sábado, 8 de novembro de 2014
domingo, 2 de novembro de 2014
OS NÚMEROS ROMANOS
En matemáticas estamos traballando os números romanos. Resulta un chisco difícil, pero estamos facendo moitas actividades e xogos que nos familiarizan con eles.
Aquí tedes un vídeo explicativo:
Aquí tedes un xogo:
sábado, 1 de novembro de 2014
XOVES DE SAMAÍN
Rematou outubro...
Estes días o colexio estivo invadido de elementos destas festas: arte e elementos plásticos, contos, películas, exposicións de cabazas, raps, baile...
Velaquí algunhas fotos dese día:
domingo, 26 de outubro de 2014
XA CHEGA O SAMAÍN
Esta semana chega o Samaín!!!
O Samaín é unha festa de orixe celta que significa o paso dun ano a outro, como de apertura a outro mundo. Significa o fin do verán.
O Samaín é unha festa de orixe celta que significa o paso dun ano a outro, como de apertura a outro mundo. Significa o fin do verán.
venres, 24 de outubro de 2014
xoves, 23 de outubro de 2014
domingo, 19 de outubro de 2014
xoves, 9 de outubro de 2014
CADROS!!
Como falamos o outro día, hai diferentes técnicas para pintar e facer cadros. Velaquí algunha técnica divertida para poder crear ao noso gusto!
Jackson Pollock
Con area
ALIMENTÁMONOS!
Estes días estamos traballando as dietas, os menús, os diferentes alimentos e nutrientes... e facémonos diferentes preguntas.
Que comemos ao longo dunha semana?
Que tipo de alimentos comemos?
Que tipo de alimentos comemos?
Comemos o que debemos?
...
PRIMEIRO DÍA NA SALA DE INFORMÁTICA
O luns probamos os ordenadores na sala de informática. Estivemos xogando en parellas a diferentes xogos!!
sábado, 13 de setembro de 2014
COMEZAMOS 3º!!
Despois da preparación das aulas, das diferentes reunións e planificacións... COMEZA UN NOVO CURSO!!
martes, 17 de xuño de 2014
xoves, 12 de xuño de 2014
mércores, 4 de xuño de 2014
domingo, 1 de xuño de 2014
xoves, 29 de maio de 2014
CARMIÑA CONS, AVOA E ESCRITORA
Hoxe estivo no colexio a avoa do profe Jose:
- Primeiro estivo cos alumnos de 6º falando da importancia que ten saber ler e escribir, das súas novelas, da súa época na escola, da familia...
- Logo, estivo cos nosos compañeiros de 2º B escoitando chistes, adiviñas, poesía...
- E acabou o día en 2º A, onde lle explicamos algunhas actividades que facemos en clase e cantamos todos "Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela...", que é a canción que lle cantaba o profe cando era pequeno.
martes, 27 de maio de 2014
martes, 20 de maio de 2014
MANUALIDADES CON PALILLOS
Hoxe fixemos figuras con plastilina e palillos para diferenciar os vértices e as aristas. Logo, fixemos diferentes figuras!
domingo, 18 de maio de 2014
sábado, 17 de maio de 2014
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Estes días estamos traballando sobre a biografía de Xosé María Díaz Castro e os seus poemas. Para isto fixemos diferentes xogos sobre a súa vida e tamén unha bonita canción...
Premede o PLAY da guitarra para escoitar parte da canción dos alumnos.
sábado, 10 de maio de 2014
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)