sábado, 15 de novembro de 2014

OS EXPERIMENTOS DE IVÁN

Despois de practicalo na casa, Iván propuxo facer e explicar dous experimentos:

- A auga que non cae:
Enchemos un vaso de auga e poñemos unha carta por enriba. Logo, temos que darlle a volta e observaremos que a auga non cae. Isto é porque sobre a carta actúan dúas forzas (o peso da auga e a presión atmosférica do aire), por iso a auga non cae do vaso.



- A candea que se apaga:
Enchemos un prato con auga cunha candea acendida no centro. Cando poñemos o vaso por enriba da candea, o vaso vai quedando sen osíxeno e vaise apagando a candea. Mentres o nivel de auga comeza a subir.


Ningún comentario:

Publicar un comentario