xoves, 29 de maio de 2014

CARMIÑA CONS, AVOA E ESCRITORA

Hoxe estivo no colexio a avoa do profe Jose:

- Primeiro estivo cos alumnos de 6º falando da importancia que ten saber ler e escribir, das súas novelas, da súa época na escola, da familia... 
- Logo, estivo cos nosos compañeiros de 2º B escoitando chistes, adiviñas, poesía... 
- E acabou o día en 2º A, onde lle explicamos algunhas actividades que facemos en clase e cantamos todos "Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela...", que é a canción que lle cantaba o profe cando era pequeno. 

martes, 20 de maio de 2014

MANUALIDADES CON PALILLOS

Hoxe fixemos figuras con plastilina e palillos para diferenciar os vértices e as aristas. Logo, fixemos diferentes figuras!

CLASE DE JUDO

Onte tivemos unha sesión de judo. Pasámolo xenial cos nosos compañeiros de 2º B!

VIÑETAS SOBRE A VIDA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO





sábado, 17 de maio de 2014

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Estes días estamos traballando sobre a biografía de Xosé María Díaz Castro e os seus poemas. Para isto fixemos diferentes xogos sobre a súa vida e tamén unha bonita canción...



Premede o PLAY da guitarra para escoitar parte da canción dos alumnos.

sábado, 10 de maio de 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Imos traballar sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas facendo diferentes actividades:


17 MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS