sábado, 26 de abril de 2014

TRIVIAL DE LINGUA


23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Este día foi elexido como Día Internacional do Libro, pois coincide esa data coa do falecemento de tres ilustres escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

Para celebrar este día no colexio, cada profesor/a fixo de contacontos na súa clase. Aquí tedes o cartel de 2º A. Premede no "play" para escoitar a canción do burro Tatú.



Aquí tedes os protagonistas do conto feitos por algúns dos alumnos:

mércores, 23 de abril de 2014

ACTIVIDADES COS MÁIS GRANDES

Velaquí algunhas das actividades que fixemos no segundo trimestre cos novos compañeiros.

venres, 11 de abril de 2014

EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Para despedir o trimestre fomos visitar a granxa escola Serantellos cos nosos compañeiros de primeiro e  de segundo. Alí fixemos diferentes actividades:
- Cantamos cancións.
- Visitamos aos animais: aves, mamíferos...
- Fixemos un bolo de pan.
- Traballamos na horta ecolóxica.
- Xogamos no parque.
...

Velaquí as nosas fotos!!

A NOSA OBRA DE ARTE

Estes días fixemos un gran cadro que titulamos: O CADRO DAS FIGURAS

xoves, 10 de abril de 2014

VISITA DOS MÁIS GRANDES

O mércores comezou cunha visita moi especial!! Este día tivemos como compañeiros aos máis grandes.

Fixemos diferentes broches como agasallo de agradecemento e paisaxes con cera e pintura.

Velaquí as fotos.

xoves, 3 de abril de 2014

CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Con motivo do Día do Autismo, hoxe fixemos a seguinte actividade:



2 DE ABRIL: DÍA DO AUTISMO

Hoxe Noa regalounos uns globos azuis a todos os compañeiros da clase. Moitas grazas!

A NOSA TORRE DE FICHAS

En clase fixemos unha torre que case chega ao teito!! Mirade as fotos!!