venres, 31 de xaneiro de 2014

O DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da PAZ. En clase estivemos pegando as pombas, fixemos outras e decorámolas para levar a casa. Despois fomos ao pavillón todo o colexio para facer o baile que ensaiamos en clase.

Aquí tedes dous traballos que fixemos todo o colexio para este día:

- Nun taboleiro estaba escrito: "Cando pechas os ollos e pensas en paz, q ves?".
A persoa que quixera podía participar, escribindo nun papeliño o que pensaba cando pechaba os ollos.

- Noutro taboleiro a persoa que homenaxeamos desde o colexio, Nelson Mandela, coas pombas, as súas frases máis famosas, biografía...






mércores, 29 de xaneiro de 2014

PARA MANITAS

Premede no debuxo para facer figuras de papel:




martes, 28 de xaneiro de 2014

sábado, 25 de xaneiro de 2014

FOMOS AO SUPERMERCADO!!

Esta semana convertimos a clase nun supermercado!

Para mercar os alimentos, primeiro fomos a coller diñeiro ao banco. Logo, cada un mercaba ao seu gusto!

martes, 21 de xaneiro de 2014

XOGOS EN GALEGO



                  - O AFORCADO DE SAN XOÁN


                  - DESFACHICABOLA


martes, 14 de xaneiro de 2014

PREPARADOS, LISTOS... XAAAA!!!

Hoxe tivemos unha clase de Educación Vial. Agora sabemos moitas cousas:

-  Cando podemos cruzar no semáforo.
-  Cando hai que ceder o paso aos vehículos.
-  Que no "STOP" hai que parar sempre por se vén algún vehículo.
-  Que nas rotondas hai que ir pola dereita.
-  Que non podemos pegarnos aos de diante porque podemos chocar.
- Que hai un sinal que nos indica que non se pode xirar á dereita ou á esquerda.
QUE BEN O PASAMOS!!

REPASAMOS PALABRAS CON G, GU, GÜ

Premede en cada apartado para repasar as palaras que se escriben con g, gu e gü:

- Completa 1.
- Completa 2.

PARTES DA PLANTA



APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS