venres, 31 de xaneiro de 2014

O DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da PAZ. En clase estivemos pegando as pombas, fixemos outras e decorámolas para levar a casa. Despois fomos ao pavillón todo o colexio para facer o baile que ensaiamos en clase.

Aquí tedes dous traballos que fixemos todo o colexio para este día:

- Nun taboleiro estaba escrito: "Cando pechas os ollos e pensas en paz, q ves?".
A persoa que quixera podía participar, escribindo nun papeliño o que pensaba cando pechaba os ollos.

- Noutro taboleiro a persoa que homenaxeamos desde o colexio, Nelson Mandela, coas pombas, as súas frases máis famosas, biografía...






Ningún comentario:

Publicar un comentario