sábado, 28 de febreiro de 2015

A NOSA MASCOTA SEGUE AÍ!!

Fai unhas semanas cambiamos a Caracolín de casa. Agora debe estar máis cómodo porque xa o vimos moverse dun sitio a outro!!


UN DÍA NA CONSERVEIRA

O xoves estivemos na conserveira. Alí ensináronnos todo o proceso das conservas ata chegar ás nosas casas: as máquinas, o traballo en cadea, a limpeza dos produtos e alimentos, ... E para rematar, fixemos as nosas latas de gominolas e tivemos un bo aperitivo!

Fixemos un bo traballo coas nosas latas, porque o día seguinte saímos no periódico!

FEBREIRO, MES DO AMOR

Aínda que todos os días son bos para festexar o amor ou a amizade, este mes escribimos unha carta a outra persoa cunha mensaxe amable e positiva.


luns, 23 de febreiro de 2015

domingo, 22 de febreiro de 2015

CLASE DE BAILES DE SALÓN

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro. Nós tamén queremos contribuír á homenaxe!!


- A biografía                                                                    - Xogo

O ENTROIDO

Este ano fixemos caso ao Meco. Cada día tiñamos que vir vestidos como mandaba nas instrucións.

E por portarnos ben, o venres merendola e chocolatada. Velaquí algunhas das nosas fotos.


Premede AQUÍ para ver todas as fotos do Entroido do cole.

sábado, 14 de febreiro de 2015

OS BOLECHAS E O ENTROIDO

CONTOS SOBRE O ENTROIDO


E CHEGA O ENTROIDO

Este ano foi cheo de temáticas diferentes: bombeiros, camareiros, cavernícolas, sevllanos... Nós fomos de títeres!!

Durante toda a semana seguimos as instrucións do Meco e cada día tiñamos que levar unha prenda diferente.

Para que non se faga moi longa a espera para poder ver as fotos do noso entroido, premede na imaxe para xogar ao Pasapalabra e coñecer o Entroido Tradicional Galego.

sábado, 7 de febreiro de 2015

DÍA 30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Despois de facer os pétalos para as flores da clase, tivo lugar a conmemoración do DÍA DA PAZ. 

Velaquí as nosas flores:


Podedes ver as demais flores e o noso baile no blog do cole premendo AQUÍ.