sábado, 19 de decembro de 2015

FELICES FESTAS!

ÚLTIMO DÍA DE TRIMESTRE!

Despois do festival, comezaron as 12 badaladas!


Aínda que foi o último día do ano, fixemos novas aprendizaxes: compartir, colaborar, axudar, repartir, agradecer, agardar, observar normas, gozar en grupo...

E cando soaba a música... A bailar!!


Máis adiante poderedes ver as fotos e os vídeos dese día.

OS RELEVOS

Velaquí as fotos de case todos os traballos sobre os relevos! Cando esteamos todos en clase, faremos a foto que falta!

OS NOSOS ECOSISTEMAS

TORTU, A MASCOTA DE FELIPE

Felipe trouxo a súa mascota a clase. Coa axuda de David e Iván, explicaron entre os tres os tipos de tartarugas que hai, como viven, como se protexen e de quen, para que valen as membranas das patas e moito máis!

O TRITÓN DE DAVID

Despois de explicar as características, a cor, como vive, que clase de animal é... Ensinou por toda a clase ao seu Tritón!

FELIPE, LECTOR DO MES DE NOVEMBRO

Para viaxar lonxe, non hai mellor nave cun libro!!

Premede na foto para ler a entrevista a Felipe!

domingo, 6 de decembro de 2015

venres, 4 de decembro de 2015

AS MOEDAS DE IVÁN

Iván explicou moedas de diferente valor de varios países, cando comezamos cos euros, a orixe dalgunha moeda... Adiantamos un pouco os temas de historia!

xoves, 3 de decembro de 2015

A EXPOSICIÓN DA HIDROSFERA

Os nenos e nenas de infantil están traballando a auga do planeta, os estados, os océanos... O equipo da hidrosfera explicou cada apartado con maquetas, mapas, debuxos, esquemas... Bo traballo!

OS ANIMAIS DE DAVID

David explicounos as características dos vermes e das polillas. Moi interesante!!

mércores, 2 de decembro de 2015

FIGURAS COA CORDA DE BRAIS E.

Ata catro figuras diferentes ensinounos Brais a facer coa corda! Estará nervioso para o vídeo?

O LAGARTO DE DAVID E DIEGO

Despois de explicar as características do lagarto, ensinárono pola clase.



OS FUNGOS DE IVÁN

Iván explicou as características e as curiosidades dalgúns fungos.



martes, 1 de decembro de 2015