mércores, 30 de outubro de 2013

BOLSAS MONSTRUOSAS

Velaquí as nosas bolsas decoradas!! Que artistas!

Para isto, utilizamos unha bolsa de papel, folios, rotuladores e pegamento.

sábado, 26 de outubro de 2013

OS MORCEGOS DO SAMAÍN

O venres estivemos facendo morcegos para colgar na cova...

Utilizamos o cartón do papel hixiénico, rotuladores, folios, cartolina e tesoiras.

martes, 22 de outubro de 2013

A NOSA PORTA

Que medo dá entrar na clase!!!!


AS BRUXAS DO SAMAÍN

Hoxe estivemos acabando a manualidade da bruxa. Para isto utilizamos unha palliña e a nosa imaxinación. Velaí os nosos resultados!


 

Tamén fixemos algúns debuxos pero aínda non os pegamos na clase!

LIM SAMAÍN

Premede en cada un dos apartados para facer as actividades relacionadas coa festa do Samaín:

- Samaín 1

- Samaín 2

luns, 21 de outubro de 2013

AS NOSAS PANTASMAS

Hoxe fixemos unha pantasma cada un co cartón do papel hixiénico, papel, cores, pegamento e tesoiras.


COMEZA O SAMAÍN

Estes días estamos preparando as clases e os corredores para a festa do Samaín.

OS NOSOS CANS

Velaquí algunhas das fotos que fixemos o venres na hora de plástica.
Fixemos os cans con papel e cores.


mércores, 16 de outubro de 2013

A PIRÁMIDE ALIMENTARIA

Estes días estamos traballando coa pirámide alimentaria. Temos que levar unha dieta saudable e comer de todo para estar sans:
- Todos os días: auga, tomate, froita, pan, cenoria, verdura, hortalizas...
- Varias veces á semana: peixe, polo, pasta, iogur...
- De cando en vez: doces, pasteis, embutido, refrescos...

Aquí vos deixamos o mural que fixemos na clase entre todos recortando os alimentos dos folletos dos supermercados:



luns, 14 de outubro de 2013

UN AGASALLO

O venres fixemos unha flor con papeis de cores na clase de plástica, para regalarlla a algunha persoa especial.



luns, 7 de outubro de 2013

O NOSO BUZÓN

Cando traballamos coas cartas, fixemos un buzón moi chulo. Que vos parece?

domingo, 6 de outubro de 2013

FLUFLY E CALAVERA

Velaquí as fotos de Flufly e de Calavera.


Comezamos traballando as partes do corpo cun puzzle de grandes dimensións e cun xogo dos ósos. Que vos parece o nome que inventamos?



UN NOVO COMPAÑEIRO: PEPE NORMAS

Os primeiros días fixemos un mural entre todos deseñando as normas da clase, con debuxos...bautizámolo co nome de "Pepe Normas".

COMEZA UN NOVO CURSO

Despois de varios días de acollida ao novo curso, actividades de presentación, reencontros cos compañeiros, averiguar todo o que imos aprender durante o curso, a planificación das horas de estudo na casa... COMEZAMOS SEGUNDO!!