xoves, 26 de marzo de 2015

21 DE MARZO, DÍA DA ÁRBORE

O Día da Árbore é un recordatorio da importancia de protexer as árbores que nos rodean. En clase traballamos este día facendo unhas bolsas de papel para reciclar.

Velaquí as nosas fotos!

luns, 23 de marzo de 2015

LEMAS POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Algunhas das nosas creacións propias:

Ainhoa: "Os traballos da casa téñenos que facer tanto homes como mulleres".

Víctor: "A muller non só ten deberes, tamén ten dereitos".

Vanessa: "Todos temos que traballar por igual e non deixar que o faga só unha persoa".

Aitana: "Se nos educas igual, seremos iguais".

Alba A.: "Axudemos máis as nosas nais".

Iria: "Sempre traballando e nunca descansando".

Roi: "As mulleres traballan moi duro e iso para min é ser unha persoa. Que fariamos se non somos persoas?".

Tamén hai outras palabras adicadas á muller:

Carolina: "Non máis frutos amargos para as mulleres".

Brais E.: "Mulleres traballadoras e emprendedoras, mulleres que son exemplo de traballo, mulleres que se animan e iso é o que conta".

David: "Non esquezas que a verdadeira fermosura é unha actitude e que es increíblemente preciosa cando es auténtica".

venres, 20 de marzo de 2015

sábado, 14 de marzo de 2015

OUTRA DE TEATRILLLO

Velaquí as fotos das parellas que faltaban por estrearse.

MÁIS EXPERIMENTOS

Iria e Brais fixeron o experimento do volcán que xa fixeramos anteriormente. Pero desta vez, probaron con azucre.

- O volcán:



NEMO, A MASCOTA DO PROFE

Vanessa fixo un peixe pallaso cunha especie de plastilina, como o da película de Salvando a Nemo.


sábado, 7 de marzo de 2015

CONCURSO

No colexio vai comezar un concurso con moitos premios. Temos que estar atentos ás instrucións de Piticán!


TEATRILLO CON MARIONETAS

Estamos preparando un conto coas marionetas que fixemos na clase! Velaquí algunas das nosas fotos!

EXPERIMENTOS CON LUME

Despois de facelo na casa... David e Roi mostraron na clase o seu experimento. Ao día seguinte, tamén o intentaron Brais E., Iván e Iria.

- Lume con batería e papel de aluminio:

Primeiro cortamos unha tira de papel de aluminio e colocámola nos extremos da pila. Podemos ver como fai lume ao instante. TEMOS QUE TER MOITO COIDADO!





Premede AQUÍ para ver os pasos do experimento.