sábado, 19 de decembro de 2015

FELICES FESTAS!

ÚLTIMO DÍA DE TRIMESTRE!

Despois do festival, comezaron as 12 badaladas!


Aínda que foi o último día do ano, fixemos novas aprendizaxes: compartir, colaborar, axudar, repartir, agradecer, agardar, observar normas, gozar en grupo...

E cando soaba a música... A bailar!!


Máis adiante poderedes ver as fotos e os vídeos dese día.

OS RELEVOS

Velaquí as fotos de case todos os traballos sobre os relevos! Cando esteamos todos en clase, faremos a foto que falta!

OS NOSOS ECOSISTEMAS

TORTU, A MASCOTA DE FELIPE

Felipe trouxo a súa mascota a clase. Coa axuda de David e Iván, explicaron entre os tres os tipos de tartarugas que hai, como viven, como se protexen e de quen, para que valen as membranas das patas e moito máis!

O TRITÓN DE DAVID

Despois de explicar as características, a cor, como vive, que clase de animal é... Ensinou por toda a clase ao seu Tritón!

FELIPE, LECTOR DO MES DE NOVEMBRO

Para viaxar lonxe, non hai mellor nave cun libro!!

Premede na foto para ler a entrevista a Felipe!

domingo, 6 de decembro de 2015

venres, 4 de decembro de 2015

AS MOEDAS DE IVÁN

Iván explicou moedas de diferente valor de varios países, cando comezamos cos euros, a orixe dalgunha moeda... Adiantamos un pouco os temas de historia!

xoves, 3 de decembro de 2015

A EXPOSICIÓN DA HIDROSFERA

Os nenos e nenas de infantil están traballando a auga do planeta, os estados, os océanos... O equipo da hidrosfera explicou cada apartado con maquetas, mapas, debuxos, esquemas... Bo traballo!

OS ANIMAIS DE DAVID

David explicounos as características dos vermes e das polillas. Moi interesante!!

mércores, 2 de decembro de 2015

FIGURAS COA CORDA DE BRAIS E.

Ata catro figuras diferentes ensinounos Brais a facer coa corda! Estará nervioso para o vídeo?

O LAGARTO DE DAVID E DIEGO

Despois de explicar as características do lagarto, ensinárono pola clase.



OS FUNGOS DE IVÁN

Iván explicou as características e as curiosidades dalgúns fungos.



martes, 1 de decembro de 2015

luns, 30 de novembro de 2015

domingo, 29 de novembro de 2015

O EXPERIMENTO DE DAVID

- O globo que ten enerxía.

O EXPERIMENTO DE BRAIS E.

- O globo que non explota.

OS VASOS DE DAVID

Con tres movementos, David fai que a frecha mire para outro lado.

EXPERIMENTO DE ALBA B.

- A candea que se apaga cando lle falta osíxeno.

OS ANIMAIS DE IVÁN

Aproveitando que estamos vendo o reino animal, as características e as súas clasificacións... Iván aproveitou para traer algúns animais e explicar as características de cada un.

- Larvas                               - Hamster                            - Lagarto



domingo, 22 de novembro de 2015

TRABALLAMOS SOBRE O MALTRATO

OS ANIMAIS VERTEBRADOS

Preme na imaxe para poder ver a clasificación dos animais vertebrados e as súas características.


Preme en cada un para saber máis!!

A TERRA: Iria, Carolina, Iván, Alba A., Lara e Diego



É real o tamaño de Europa? Preme AQUÍ para ler este artigo tan interesante sobre o tamaño do mundo.

A ATMOSFERA

sábado, 21 de novembro de 2015

O SISTEMA SOLAR: Brais B., Brais E. e Ainhoa


Preme AQUÍ para coñecer os planetas e as súas características.

Preme en cada movemento para saber máis:

A HIDROSFERA: Aitana, Alba B., Víctor, Roi, Noa e Felipe


Preme AQUÍ para ver estes debuxos sobre a contaminación dos ríos.

Preme AQUÍ para ver un resumo explicativo ou AQUÍ para ver outro.

EXPERIMENTOS DE DAVID


Coa axuda de Iván, David ensinou varios experiementos:

- A matertia ocupa un espazo e un lugar: encheu un vaso de auga, e ao meter unha goma, obsevamos como a auga sube.

- Cantas veces se pode dobrar un folio?: ao dobrar un folio á metade, cada vez se fai máis pequeno, ata que chega un momento que non dobra máis e xa é imposible dobralo. Iván dobrouno 7 veces. E ti?

- Os vasos con forma de frecha: David colocou os vasos en forma de frecha e con 3 movementos, fixo cambiar de sentido a frecha.

O MAGOSTO

Preme AQUÍ para ver algunhas foto do magosto ou AQUÍ para ver máis!

AS FOTOS DA NOSA OBRA

A NOITE DE SAMAÍN

CARTEIS DA NOSA OBRA "A NOITE DE SAMAÍN"

Traballamos os anuncios e os carteis publicitarios... Estes saíronnos moi ben!!




martes, 10 de novembro de 2015

EXPERIMENTO DE DAVID: "O globo"

Coa axuda de Iván e Brais E., David demostrou que un globo inchado rebenta co líquido das mondas da laranxa.

QUE FACER CON VASOS?

Menuda habilidade ten Iria!

EXPERIMENTO DE BRAIS E.: O ovo saltarín

Metemos un ovo en vinagre durante uns días. A cáscara do ovo desfaise e aumenta o volume do ovo durante ese tempo. Ao final o ovo parece unha pelota saltarina debido a esa reacción química!


O DÍA DE SAMAÍN!


Preme AQUÍ para ver máis fotos do cole!

sábado, 7 de novembro de 2015

OS ANIMAIS INVERTEBRADOS

Preme na imaxe para poder ver a clasificación dos animais e as súas caracterísitcas.



Preme en cada un para saber máis!!

sábado, 24 de outubro de 2015

domingo, 11 de outubro de 2015

COMEZAMOS CO PROXECTO DOS SERES VIVOS

Esta semana comezaremos o proxecto. Para iso temos que ter moi claro:
- Que son?
- Como se clasifican?
- En que se diferencian dos seres inertes?
- ...

APRENDEMOS OS NÚMEROS ROMANOS

Dende a orixe dos seres humanos, estes precisaron contar... Ao comezo non tiñan números, por iso facían raias, marcas... Co tempo apareceron os números.
Entre todos números que existen, están os números romanos. Non teñen cero!!!
Preme en cada imaxe para poder xogar e practicar con eles!




xoves, 17 de setembro de 2015

COMEZAMOS O CURSO 2015-2016

XA ESTAMOS EN 4º!!!

O día 10 comezamos un novo curso... A sorpresa foi cando chegamos a clase e as mesas estaban colocadas doutra maneira. Este ano comezamos cos proxectos!!

domingo, 21 de xuño de 2015

ATA O ANO QUE VÉN!

O VENRES FOI A FESTA DE FIN DE CURSO!

Xogamos, bailamos, cantamos, vimos vídeos de risa, comimos... Pasámolo xenial!











Hai máis fotos dese día premendo AQUÍ.

EXCURSIÓN RÍO BAROSA

Pasámolo xenial cos nosos compañeiros de 3º B. Foi moi divertido todo o que fixemos. Preme na imaxe para ver as fotos!

sábado, 30 de maio de 2015

EXPERIMENTO DE IVÁN

Estamos traballando coa exerxía e os tipos de enerxía. Despois de moito pensar, Iván trouxo un experimento da casa que nos deixou boquiabertos.

- O funcionamento da bombilla:
Explicou como fixo cos cables, como cortou cada cousa, materiais que necesitou...



sábado, 23 de maio de 2015

DÍA DE ACROSPORT

Estamos semana tivemos unha exhibición da ESO sobre o acrosport.

PREMEDE NA IMAXE

AS PORTAS QUE DECORAMOS