xoves, 30 de marzo de 2017

martes, 14 de marzo de 2017

8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no desenrolo íntegro como persoa.
 
A primeira celebración do Día Internacional da Muller Traballadora tivo lugar o 19 de marzo de 1911 en Alemania, Austria, Dinamarca y Suiza, e a súa conmemoración foise extendendo desde entón a numerosos países. En España, conmemorouse por primeira vez no ano 1936.    
Enlazando co traballo e as profesións -nos distintos sectores económicos- queremos que nenas e nenos teñan as mesmas posibilidades de elección de profesión, de superación no seu traballo, de igualdade salarial...
“A igualdade de xénero é un principio constitucional que estipula que homes e mulleres son iguais ante a lei".   
Eso significa que todas as persoas temos os mesmos dereitos e deberes fronte ao Estado e a sociedade no seu conxunto. Eso debe traducirse nas mesmas oportunidades reais para ir a escola ou acceder a un traballo por exemplo.

O MUNDO QUE QUEREMOS...

Como boas e bos chefs que somos, manexamos moitas receitas, ... 

Investigamos, enredamos, mesturamos...poñemos a nosa imaxinación a funcionar... E menudos resultados! Que pratos tan deliciosos!

Practicamos en equipos cooperativos que limos e correximos entre todos. 

Os resultados son do máis saboroso e apetecible, para todas as idades, para todos os padales:


- GUISO DE DEREITOS
- HAMBURGUESA DA AMIZADE
- PIZZA DA IGUALDADE
- BISCOITO DA PAZ
- BISCOITO DE IGUALDADE
- FILLOAS DA AMIZADE
- GALLETAS CON AMOR E PAZ
- GOMINOLAS DE FELICIDADE E AMOR
- MOUSSE DO AMOR
- SUFLÉ DE BONDADE
- TARTA DA PAZ E O AMOR
- TORTA DE PAZ