xoves, 29 de maio de 2014

CARMIÑA CONS, AVOA E ESCRITORA

Hoxe estivo no colexio a avoa do profe Jose:

- Primeiro estivo cos alumnos de 6º falando da importancia que ten saber ler e escribir, das súas novelas, da súa época na escola, da familia... 
- Logo, estivo cos nosos compañeiros de 2º B escoitando chistes, adiviñas, poesía... 
- E acabou o día en 2º A, onde lle explicamos algunhas actividades que facemos en clase e cantamos todos "Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela...", que é a canción que lle cantaba o profe cando era pequeno. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario