- Todos somos importantes:
sábado, 15 de novembro de 2014
CAMINANDO ENTRE DINOSAURIOS
Esta semana vimos na clase a película "Caminando entre dinosaurios".
Ademais de repasar animais herbívoros, carnívoros e omnívoros, diferentes tipos de árbores... A conclusión que sacamos é que temos que axudarnos uns aos outros.
OS EXPERIMENTOS DE IVÁN
Despois de practicalo na casa, Iván propuxo facer e explicar dous experimentos:
- A auga que non cae:
Enchemos un vaso de auga e poñemos unha carta por enriba. Logo, temos que darlle a volta e observaremos que a auga non cae. Isto é porque sobre a carta actúan dúas forzas (o peso da auga e a presión atmosférica do aire), por iso a auga non cae do vaso.

- A candea que se apaga:
Enchemos un prato con auga cunha candea acendida no centro. Cando poñemos o vaso por enriba da candea, o vaso vai quedando sen osíxeno e vaise apagando a candea. Mentres o nivel de auga comeza a subir.
OS NOSOS DEBUXOS
Fai unhas semanas participamos nun concurso con estes debuxos e quedamos no 5º posto.
venres, 14 de novembro de 2014
sábado, 8 de novembro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




