Xa falta pouco para o Día do Libro. Esa semana imos facer varias actividades relacionadas con este día:
- Presentar aos nosos compañeiros o noso libro favorito para que coñezan mellor os nosos gustos lectores. Despois recolleremos esa presentación nunha ficha e faremos o noso libro Os gustos da lectura de 3º A.
- Traballaremos o noso propio cómic con diferentes historias por parellas.
- E faremos moitas actividades no cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario