sábado, 29 de novembro de 2014
sábado, 22 de novembro de 2014
BUSCANDO NO BAÚL DOS RECORDOS
Buscando libros na biblioteca para levar para casa, atopamos esta foto do ano pasado... Que recordos! E como cambiamos!
O MAGOSTO
Este ano traballamos a creatividade na clase:
E que sorpresa que recibimos un diploma á clase máis participativa no Samaín polo noso baile:
CHEMA, O CONTACONTOS
sábado, 15 de novembro de 2014
CAMINANDO ENTRE DINOSAURIOS
Esta semana vimos na clase a película "Caminando entre dinosaurios".
Ademais de repasar animais herbívoros, carnívoros e omnívoros, diferentes tipos de árbores... A conclusión que sacamos é que temos que axudarnos uns aos outros.
OS EXPERIMENTOS DE IVÁN
Despois de practicalo na casa, Iván propuxo facer e explicar dous experimentos:
- A auga que non cae:
Enchemos un vaso de auga e poñemos unha carta por enriba. Logo, temos que darlle a volta e observaremos que a auga non cae. Isto é porque sobre a carta actúan dúas forzas (o peso da auga e a presión atmosférica do aire), por iso a auga non cae do vaso.
- A candea que se apaga:
Enchemos un prato con auga cunha candea acendida no centro. Cando poñemos o vaso por enriba da candea, o vaso vai quedando sen osíxeno e vaise apagando a candea. Mentres o nivel de auga comeza a subir.
OS NOSOS DEBUXOS
Fai unhas semanas participamos nun concurso con estes debuxos e quedamos no 5º posto.
venres, 14 de novembro de 2014
sábado, 8 de novembro de 2014
domingo, 2 de novembro de 2014
OS NÚMEROS ROMANOS
En matemáticas estamos traballando os números romanos. Resulta un chisco difícil, pero estamos facendo moitas actividades e xogos que nos familiarizan con eles.
Aquí tedes un vídeo explicativo:
Aquí tedes un xogo:
sábado, 1 de novembro de 2014
XOVES DE SAMAÍN
Rematou outubro...
Estes días o colexio estivo invadido de elementos destas festas: arte e elementos plásticos, contos, películas, exposicións de cabazas, raps, baile...
Velaquí algunhas fotos dese día:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)