Hoxe estivo no colexio a avoa do profe Jose:
- Primeiro estivo cos alumnos de 6º falando da importancia que ten saber ler e escribir, das súas novelas, da súa época na escola, da familia...
- Logo, estivo cos nosos compañeiros de 2º B escoitando chistes, adiviñas, poesía...
- E acabou o día en 2º A, onde lle explicamos algunhas actividades que facemos en clase e cantamos todos "Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela...", que é a canción que lle cantaba o profe cando era pequeno.