xoves, 30 de marzo de 2017
martes, 14 de marzo de 2017
8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no desenrolo íntegro como persoa.
A
primeira celebración do Día Internacional da Muller Traballadora tivo
lugar o 19 de marzo de 1911 en Alemania, Austria, Dinamarca y Suiza,
e a súa conmemoración foise extendendo desde entón a numerosos países.
En España, conmemorouse por primeira vez no ano 1936.
Enlazando
co traballo e as profesións -nos distintos sectores económicos-
queremos que nenas e nenos teñan as mesmas posibilidades de elección de
profesión, de superación no seu traballo, de igualdade salarial...
“A igualdade de xénero é un principio constitucional que estipula que homes e mulleres son iguais ante a lei".
Eso significa que todas as persoas temos os mesmos dereitos e deberes
fronte ao Estado e a sociedade no seu conxunto. Eso debe traducirse nas
mesmas oportunidades reais para ir a escola ou acceder a un traballo
por exemplo.
O MUNDO QUE QUEREMOS...
Como boas e bos chefs que somos, manexamos moitas receitas, ...
Investigamos, enredamos, mesturamos...poñemos a nosa imaxinación a funcionar... E menudos resultados! Que pratos tan deliciosos!
Practicamos en equipos cooperativos que limos e correximos entre todos.
Os resultados son do máis saboroso e apetecible, para todas as idades, para todos os padales:
- GUISO DE DEREITOS
- HAMBURGUESA DA AMIZADE
- PIZZA DA IGUALDADE
- BISCOITO DA PAZ
- BISCOITO DE IGUALDADE
- FILLOAS DA AMIZADE
- GALLETAS CON AMOR E PAZ
- GOMINOLAS DE FELICIDADE E AMOR
- MOUSSE DO AMOR
- SUFLÉ DE BONDADE
- TARTA DA PAZ E O AMOR
- TORTA DE PAZ
luns, 6 de marzo de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)