sábado, 19 de decembro de 2015
ÚLTIMO DÍA DE TRIMESTRE!
Despois do festival, comezaron as 12 badaladas!
Aínda que foi o último día do ano, fixemos novas aprendizaxes: compartir, colaborar, axudar, repartir, agradecer, agardar, observar normas, gozar en grupo...
E cando soaba a música... A bailar!!
Máis adiante poderedes ver as fotos e os vídeos dese día.
OS RELEVOS
Velaquí as fotos de case todos os traballos sobre os relevos! Cando esteamos todos en clase, faremos a foto que falta!
TORTU, A MASCOTA DE FELIPE
Felipe trouxo a súa mascota a clase. Coa axuda de David e Iván, explicaron entre os tres os tipos de tartarugas que hai, como viven, como se protexen e de quen, para que valen as membranas das patas e moito máis!
O TRITÓN DE DAVID
Despois de explicar as características, a cor, como vive, que clase de animal é... Ensinou por toda a clase ao seu Tritón!
domingo, 6 de decembro de 2015
venres, 4 de decembro de 2015
AS MOEDAS DE IVÁN
Iván explicou moedas de diferente valor de varios países, cando comezamos cos euros, a orixe dalgunha moeda... Adiantamos un pouco os temas de historia!
xoves, 3 de decembro de 2015
A EXPOSICIÓN DA HIDROSFERA
Os nenos e nenas de infantil están traballando a auga do planeta, os estados, os océanos... O equipo da hidrosfera explicou cada apartado con maquetas, mapas, debuxos, esquemas... Bo traballo!
mércores, 2 de decembro de 2015
martes, 1 de decembro de 2015
A RA DE ALBA B.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)