sábado, 19 de decembro de 2015
ÚLTIMO DÍA DE TRIMESTRE!
Despois do festival, comezaron as 12 badaladas!
Aínda que foi o último día do ano, fixemos novas aprendizaxes: compartir, colaborar, axudar, repartir, agradecer, agardar, observar normas, gozar en grupo...
E cando soaba a música... A bailar!!
Máis adiante poderedes ver as fotos e os vídeos dese día.
OS RELEVOS
Velaquí as fotos de case todos os traballos sobre os relevos! Cando esteamos todos en clase, faremos a foto que falta!
TORTU, A MASCOTA DE FELIPE
Felipe trouxo a súa mascota a clase. Coa axuda de David e Iván, explicaron entre os tres os tipos de tartarugas que hai, como viven, como se protexen e de quen, para que valen as membranas das patas e moito máis!
O TRITÓN DE DAVID
Despois de explicar as características, a cor, como vive, que clase de animal é... Ensinou por toda a clase ao seu Tritón!
domingo, 6 de decembro de 2015
venres, 4 de decembro de 2015
AS MOEDAS DE IVÁN
Iván explicou moedas de diferente valor de varios países, cando comezamos cos euros, a orixe dalgunha moeda... Adiantamos un pouco os temas de historia!
xoves, 3 de decembro de 2015
A EXPOSICIÓN DA HIDROSFERA
Os nenos e nenas de infantil están traballando a auga do planeta, os estados, os océanos... O equipo da hidrosfera explicou cada apartado con maquetas, mapas, debuxos, esquemas... Bo traballo!
mércores, 2 de decembro de 2015
martes, 1 de decembro de 2015
A RA DE ALBA B.
luns, 30 de novembro de 2015
domingo, 29 de novembro de 2015
OS ANIMAIS DE IVÁN
Aproveitando que estamos vendo o reino animal, as características e as súas clasificacións... Iván aproveitou para traer algúns animais e explicar as características de cada un.
- Larvas - Hamster - Lagarto
- Larvas - Hamster - Lagarto
domingo, 22 de novembro de 2015
OS ANIMAIS VERTEBRADOS
Preme na imaxe para poder ver a clasificación dos animais vertebrados e as súas características.
Preme en cada un para saber máis!!
A TERRA: Iria, Carolina, Iván, Alba A., Lara e Diego
É real o tamaño de Europa? Preme AQUÍ para ler este artigo tan interesante sobre o tamaño do mundo.
sábado, 21 de novembro de 2015
O SISTEMA SOLAR: Brais B., Brais E. e Ainhoa
Preme AQUÍ para coñecer os planetas e as súas características.
Preme en cada movemento para saber máis:
EXPERIMENTOS DE DAVID
Coa axuda de Iván, David ensinou varios experiementos:
- A matertia ocupa un espazo e un lugar: encheu un vaso de auga, e ao meter unha goma, obsevamos como a auga sube.
- Cantas veces se pode dobrar un folio?: ao dobrar un folio á metade, cada vez se fai máis pequeno, ata que chega un momento que non dobra máis e xa é imposible dobralo. Iván dobrouno 7 veces. E ti?
- Os vasos con forma de frecha: David colocou os vasos en forma de frecha e con 3 movementos, fixo cambiar de sentido a frecha.
martes, 17 de novembro de 2015
mércores, 11 de novembro de 2015
martes, 10 de novembro de 2015
EXPERIMENTO DE DAVID: "O globo"
Coa axuda de Iván e Brais E., David demostrou que un globo inchado rebenta co líquido das mondas da laranxa.
EXPERIMENTO DE BRAIS E.: O ovo saltarín
Metemos un ovo en vinagre durante uns días. A cáscara do ovo desfaise e aumenta o volume do ovo durante ese tempo. Ao final o ovo parece unha pelota saltarina debido a esa reacción química!
sábado, 7 de novembro de 2015
OS ANIMAIS INVERTEBRADOS
Preme na imaxe para poder ver a clasificación dos animais e as súas caracterísitcas.
Preme en cada un para saber máis!!
- Moluscos
sábado, 31 de outubro de 2015
sábado, 24 de outubro de 2015
domingo, 11 de outubro de 2015
COMEZAMOS CO PROXECTO DOS SERES VIVOS
Esta semana comezaremos o proxecto. Para iso temos que ter moi claro:
- Que son?
- Como se clasifican?
- En que se diferencian dos seres inertes?
- ...
APRENDEMOS OS NÚMEROS ROMANOS
xoves, 17 de setembro de 2015
COMEZAMOS O CURSO 2015-2016
XA ESTAMOS EN 4º!!!
O día 10 comezamos un novo curso... A sorpresa foi cando chegamos a clase e as mesas estaban colocadas doutra maneira. Este ano comezamos cos proxectos!!
domingo, 21 de xuño de 2015
O VENRES FOI A FESTA DE FIN DE CURSO!
Xogamos, bailamos, cantamos, vimos vídeos de risa, comimos... Pasámolo xenial!
Hai máis fotos dese día premendo AQUÍ.
EXCURSIÓN RÍO BAROSA
Pasámolo xenial cos nosos compañeiros de 3º B. Foi moi divertido todo o que fixemos. Preme na imaxe para ver as fotos!
sábado, 13 de xuño de 2015
xoves, 4 de xuño de 2015
sábado, 30 de maio de 2015
EXPERIMENTO DE IVÁN
sábado, 23 de maio de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)