sábado, 20 de decembro de 2014
XA REMATAMOS O TRIMESTRE
O trimestre pasou voando. Para non esquecernos destes días, velaquí algunhas das fotos dos nosos debuxos e algunha manualidade:
mércores, 17 de decembro de 2014
RODA DOS ALIMENTOS
Rematamos o trimestre repasando coa roda dos alimentos.
Agora xa sabemos que para ter unha vida saudable é necesario comer de todo e facer exercicio físico.
O EXPERIMENTO DE PABLO E DIEGO
Despois de practicalo con éxito, Pablo e Diego fixeron un experimento que xa intentaramos facelo antes...
- O volcán:
Colocamos un papel marrón engurrado enriba dun vaso. Cando enchemos o vaso de cocacola e botamos sal, podemos observar como sae a espuma facendo a forma da lava dun volcán.
martes, 16 de decembro de 2014
sábado, 6 de decembro de 2014
A CONSTITUCIÓN
Hoxe, 6 de decembro, celébrase en España "El Día de la Consticuión", que tanto se escoita comentar nestes últimos tempos pola necesidade dunhas normas que garanten os nosos dereitos e lembren os nosos deberes.
xoves, 4 de decembro de 2014
O EXPERIMENTO DE DAVID E IVÁN
Despois de practicalo, David e Iván fixeron un experiemento que todos coñecíamos, pero...por que?
- A auga que sae polo burato:
Enchemos unha botella de auga. Logo, temos que facerlle un burato pequeno nun lado. Cando o tampón está posto a auga non sae, porque a presión atmosférica é maior que a forza que fai a auga por saír. Entón, é imposible que a auga poida saír. Se quito o tapón, si que sae a auga, porque está entrando aire pola boquilla (onde estaba o tapón).
martes, 2 de decembro de 2014
IMOS SER METEORÓLOGOS
Estes días imos traballar o tempo nas distintas partes de España. Logo, faremos de metereólogos:
O TEMPO ATMOSFÉRICO
Na atmosfera prodúcense todos os fenómenos que determinan o TEMPO ATMOSFÉRICO.
Ao estar en Galicia, é normal que nos fagamos algunhas preguntas:
- Como se forman as pingas de chuvia?
- Podemos pasar entre as nubes?
- Que hai despois das nubes? Que tempo fai? Que podemos ver?
- Que hai despois das nubes? Que tempo fai? Que podemos ver?
OS CONTINENTES
Estivemos traballando os continentes e, como tarefa voluntaria, fixemos unhas maquetas e uns murais sobre algúns deles.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)