- Dados
luns, 28 de abril de 2014
sábado, 26 de abril de 2014
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Este día foi elexido como Día Internacional do Libro, pois coincide esa data coa do falecemento de tres ilustres escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
Para celebrar este día no colexio, cada profesor/a fixo de contacontos na súa clase. Aquí tedes o cartel de 2º A. Premede no "play" para escoitar a canción do burro Tatú.
Aquí tedes os protagonistas do conto feitos por algúns dos alumnos:
mércores, 23 de abril de 2014
ACTIVIDADES COS MÁIS GRANDES
Velaquí algunhas das actividades que fixemos no segundo trimestre cos novos compañeiros.
venres, 11 de abril de 2014
EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS
Para despedir o trimestre fomos visitar a granxa escola Serantellos cos nosos compañeiros de primeiro e de segundo. Alí fixemos diferentes actividades:
- Cantamos cancións.
- Visitamos aos animais: aves, mamíferos...
- Fixemos un bolo de pan.
- Traballamos na horta ecolóxica.
- Xogamos no parque.
...
Velaquí as nosas fotos!!
xoves, 10 de abril de 2014
VISITA DOS MÁIS GRANDES
O mércores comezou cunha visita moi especial!! Este día tivemos como compañeiros aos máis grandes.
Fixemos diferentes broches como agasallo de agradecemento e paisaxes con cera e pintura.
Velaquí as fotos.
xoves, 3 de abril de 2014
2 DE ABRIL: DÍA DO AUTISMO
Hoxe Noa regalounos uns globos azuis a todos os compañeiros da clase. Moitas grazas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)