sábado, 21 de decembro de 2013
xoves, 19 de decembro de 2013
martes, 17 de decembro de 2013
A ÁRBORE DOS PROPÓSITOS PARA O 2014
O ano que vén:
- Vou ler máis.
- Vou estudar máis.
- Vou mellorar nas notas.
- Vou axudar aos meus compañeiros.
- Vou traballar máis
...
Fixemos unha árbore con "post-it" onde escribimos os nosos propósitos para o ano 2014.
sábado, 14 de decembro de 2013
martes, 10 de decembro de 2013
O INVERNO
Hoxe, para dar a benvida a esta época do ano, grabamos o poema "El invierno" de Silvia Zurdo.
Velaquí a nosa sorpresa! Premede no PLAY!
REPASANDO NA AULA DE INFORMÁTICA
Hoxe estivemos repasando as diferentes actividades do noso blog: fotos, puzzles, debuxos, xogos...
venres, 6 de decembro de 2013
martes, 3 de decembro de 2013
luns, 2 de decembro de 2013
MURAIS EN GRUPO
Con todo o material que nos sobrou do mural de outono, fixemos uns murais en grupo moi chulos!!
mércores, 27 de novembro de 2013
O OUTONO
Estes días estivemos facendo un mural sobre o outono cos nosos compañeiros de 2º B.
Fixemos un gran mural coas cores do outono, unha árbore no medio con diferentes animais que debuxamos en plástica... e adornamos o chan coas follas que trouxemos da rúa.
Moi bo traballo!!
Moi bo traballo!!
domingo, 24 de novembro de 2013
CONVIVENCIA
O día 25 de novembro é o día contra a violencia de xénero. Aquí deixo un vídeo para comentar en clase.
mércores, 20 de novembro de 2013
O DÍA DO NENO
Hoxe, día 20 de novembro, é o Día do Neno. Aquí tedes un vídeo explicativo e unha canción.
- DEBUXOS
- CANCIÓN
luns, 18 de novembro de 2013
PALABRAS CON G, GU E GÜ
Premede en cada apartado para repasar as palaras que se escriben con g, gu e gü:
- Completa 1.
- Completa 2.
- Completa 1.
- Completa 2.
mércores, 13 de novembro de 2013
luns, 11 de novembro de 2013
HOXE CELEBRAMOS O MAGOSTO
Hoxe, foi un día xenial:
- Fixemos as caixiñas para as castañas cun cartón de leite ou zume.
- Xuntámonos todos os alumnos e alumnas do cole, porque os premiados no concurso das cabazas, dos relatos e dos debuxos de medo, ían recoller os seus premios.
- Fomos comer castañas.
- E para terminar, fomos xogar ao campo.
Velaquí as fotos!!
sábado, 9 de novembro de 2013
venres, 8 de novembro de 2013
xoves, 7 de novembro de 2013
mércores, 6 de novembro de 2013
CHISTES
Premede no "PLAY" para escoitar os chistes.
Moi bo traballo rapaces e rapazas! Os chistes son moi bos!
Moi bo traballo rapaces e rapazas! Os chistes son moi bos!
luns, 4 de novembro de 2013
sábado, 2 de novembro de 2013
REMATA O SAMAÍN
Despois de tantos sustos, contacontos na "Cova do Samaín", o concurso das cabazas, monstros, pantasmas, morcegos, bruxas, caveiras...
Remata o Samaín ata o ano que vén!
mércores, 30 de outubro de 2013
BOLSAS MONSTRUOSAS
Velaquí as nosas bolsas decoradas!! Que artistas!
Para isto, utilizamos unha bolsa de papel, folios, rotuladores e pegamento.
sábado, 26 de outubro de 2013
OS MORCEGOS DO SAMAÍN
O venres estivemos facendo morcegos para colgar na cova...
Utilizamos o cartón do papel hixiénico, rotuladores, folios, cartolina e tesoiras.
martes, 22 de outubro de 2013
AS BRUXAS DO SAMAÍN
Hoxe estivemos acabando a manualidade da bruxa. Para isto utilizamos unha palliña e a nosa imaxinación. Velaí os nosos resultados!
Tamén fixemos algúns debuxos pero aínda non os pegamos na clase!
LIM SAMAÍN
luns, 21 de outubro de 2013
AS NOSAS PANTASMAS
Hoxe fixemos unha pantasma cada un co cartón do papel hixiénico, papel, cores, pegamento e tesoiras.
OS NOSOS CANS
Velaquí algunhas das fotos que fixemos o venres na hora de plástica.
Fixemos os cans con papel e cores.
Fixemos os cans con papel e cores.
mércores, 16 de outubro de 2013
A PIRÁMIDE ALIMENTARIA
Estes días estamos traballando coa pirámide alimentaria. Temos que levar unha dieta saudable e comer de todo para estar sans:
- Todos os días: auga, tomate, froita, pan, cenoria, verdura, hortalizas...
- Varias veces á semana: peixe, polo, pasta, iogur...
- De cando en vez: doces, pasteis, embutido, refrescos...
Aquí vos deixamos o mural que fixemos na clase entre todos recortando os alimentos dos folletos dos supermercados:
luns, 14 de outubro de 2013
UN AGASALLO
O venres fixemos unha flor con papeis de cores na clase de plástica, para regalarlla a algunha persoa especial.
luns, 7 de outubro de 2013
domingo, 6 de outubro de 2013
FLUFLY E CALAVERA
Velaquí as fotos de Flufly e de Calavera.
Comezamos traballando as partes do corpo cun puzzle de grandes dimensións e cun xogo dos ósos. Que vos parece o nome que inventamos?
UN NOVO COMPAÑEIRO: PEPE NORMAS
Os primeiros días fixemos un mural entre todos deseñando as normas da clase, con debuxos...bautizámolo co nome de "Pepe Normas".
COMEZA UN NOVO CURSO
Despois de varios días de acollida ao novo curso, actividades de presentación, reencontros cos compañeiros, averiguar todo o que imos aprender durante o curso, a planificación das horas de estudo na casa... COMEZAMOS SEGUNDO!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)