sábado, 31 de xaneiro de 2015

POUCO QUEDA NA SOPA DE LETRAS

Despois de buscar e quebrar a cabeza buscando os nomes de animais... A semana que vén remata a actividade da sopa de letras:
- Atoparíamos todos os animais?
- Están ben clasificados nos seus grupos?
- Cantos animais atopamos?
...


TEATRO DE 5 ANOS CELEBRANDO A PAZ

Os nenos de 5 anos fixeron unha actuación de teatro titulada "El pez Arcoiris" que nos ensina a importancia de compartir.

Arcoiris é o peixe máis fermoso do océano coas súas preciosas escamas de mil cores. Pero non tiña amigos cos que poder xogar e sentíase moi só. Por que os demais peixes non querían xogar con el? ...

sábado, 24 de xaneiro de 2015

TRABALLANDO SOBRE A PAZ

Estamos a reflexionar sobre a PAZ e que nos fai sentir.
Ademais aprendemos unha canción sobre a paz que nos axuda a tirar información sobre que é a paz e como se consigue.
Despois, faremos propostas de como contribuír á paz no noso contorno a través dun mural de todo o centro.


Rigoberta Menchú foi o Premio Nobel da Paz e comenta que significa para ela esta palabra.

O RINCÓN DO GRAFITI

No corredor de Infantil e 3º A, apareceu tamén "O RINCÓN DO GRAFITI". O que queira pode firmar ou escribir o que lle pase pola cabeza e pola súa imaxinación.


A GRAN SOPA DE LETRAS

Esta semana apareceu no corredor esta sopa de letras que é máis grande ca nós. É unha sopa de letras sobre animais que temos que atopar e depois clasificar:
- Cantos animais hai?
- En que liñas poden estar?
- Coñecemos a todos os animais?
- Que é un animal preeiro? E un detritívoro?
...


O AIRE E A AUGA

Dous elementos moi importantes para a vida: o aire e a auga.
Agora xa sabemos as características, por que hai auga salgada, a diferenza entre vento e aire, que pasaría se non houbese aire ou auga...


Atentos aos vídeos:



sábado, 17 de xaneiro de 2015

O EXPERIMENTO DE ROI

Despois de comprobar que pasaba coa pimienta... Roi puxo en práctica o seu experimento na clase.

- Pimienta, auga e xabón: 
Primeiro hai que deixar caer un pouco de pimienta no prato de auga. Poderase ver os trozos que quedan flotando na superficie. Logo, hai que mollar a punta do dedo con xabón e tocar a superficie. Que pasa? A pimienta parece que salta e afástase do dedo.

sábado, 10 de xaneiro de 2015

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Todos os días son bos para loitar contra a violencia de xénero.


CARACOLÍN, A NOVA MASCOTA

Aquí tedes unhas fotos da nosa nova mascota que trouxo Iván para a nosa clase. Aínda ten medo e non sae moito da concha.




COMEZAMOS UN NOVO TRIMESTRE

Neste trimestre teremos novas actividades, exposicións, proxectos que continúan e proxectos que comezan, ...

Tamén aparecerán propostas ao redor da Paz, de animación lectora... Vai ser un trimestre intenso... IMOS ALÁ!!